As entradas nos concertos son de balde
Guadi Galego estará hoxe, ás 22:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns dentro do programa Cultura no Camiño. Pola súa banda, Thais Rudiño actuará a partir das 21:30 na terraza do bar Entreportas, do Milladoiro, dentro do ciclo Noites na Terraza. Os dous concertos contan coa colaboración do Concello de Ames a través da Concellería de Educación e Cultura.
O domingo será o turno de Miguel Alonso, que actuará este domingo 16 ás 12:30 no Petiscos GastroBar, na Praza da Maía de Bertamiráns. O músico, poeta e escritor repasará o seu repertorio e adiantará temas do seu novo disco, no que musica autores e autoras galegos actuais.
As entradas nos concertos son de balde.