24 Febreiro, 2026

Gala do día de Rosalía

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu onte, 23 de febreiro, unha gran festa rosaliana, o evento central das actividades organizadas polo Concello para conmemorar o mes da autora. A Gala Rosalía, que contou cunha gran participación da veciñanza e do alumnado dos centros educativos de Ames, puxo en valor a figura da escritora e a súa vinculación co concello. Canda a veciñanza de Ames, na gala participaron o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, a concelleira de Educación, Beatriz Martínez, e concelleiros/as do goberno municipal e dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG. O acto pechouse cun concerto da cantautora Sheila Patricia. Pódese acceder á galería completa de imaxes na seguinte ligazón.