30 Setembro, 2021

García Argibay oficializa a súa renuncia no pleno municipal

O portavoz municipal do PP de Ames, Ramón García Argibay, oficializou no pleno desta tarde a súa renuncia como concelleiro, tal e como adiantou AMSGO!. O ata o de agora portavoz agradeceu aos compañeiros do PP e considerou un erro “que nos tiveramos que ir un tempo”. Saudou ao alcalde e ao exalcalde José Miñones, recoñecendo o labor dos traballadores municipais. García Argibay xustificou a marcha por ter a honradez de dar un paso ao lado ao non poder dedicar todo o tempo por razóns persoais e laborais. Foi despedido cun longo aplauso. Todos os partidos tiveron palabras de agradecemento polo seu talante político e salientaron a súa dedicación ao concello.