A Escola de Karate Dokkodo realizou o pasado domingo, 15 de febreiro, unha das súas actuacións máis destacadas no Campionato Galego de Clubs. Nunha competición que reuniu a 30 clubs de todas as provincias, a escola de Ames logrou alzarse coa cuarta posición do medalleiro xeral grazas a unha colleita dun ouro, unha prata e dous bronces, superando a clubs de longa traxectoria no panorama galego.
Na modalidade de técnica (Kata), onde o equipo Dokkodo Alevín, composto por Tiago, Vera e Hugo, alzouse coa medalla de ouro. A terna de deportistas completou un torneo perfecto, vencendo con autoridade por 3-0 tanto na semifinal como na gran final.