Unha implicación de todas as Administracións en beneficio do emprego e un aumento das axudas da Xunta de Galicia. Esas son dúas das ideas forza que xurdiron onte durante a xuntanza entre Hostalaría Compostela e Comisións Obreiras.
A Asociación Hostalaría Compostela recibiu na súa sede da Rúa Salvadas unha delegación da Federación de Servizos de CCOO Galicia, encabezada polo responsable de hostalaría, José Francisco Mirás Pérez. “Agradecemos moito que nos solicitaran esta reunión e que se comprometesen a defender o sector en todos os ámbitos nos que teñen presenza”, sinalaron os representantes da Xunta Directiva da asociación dos hostaleiros.
Tanto a asociación coma CCOO coinciden en que os intereses das empresas e dos traballadores están ligados e que é necesario crear sinerxias para a salvación do sector, especialmente afectado pola pandemia. Así, o sindicato propón que todas as Administracións poñan en marcha medidas para soster o emprego e o tecido produtivo, e reclaman tamén ao Goberno de España melloras na coordinación.
Para CCOO é unha prioridade absoluta evitar que se perda tecido empresarial, polo que se propón apostar por mecanismos de financiamento, axudas, moratorias e liquidez, que permitan o sostemento das empresas, maioritariamente de autónomos e pemes, pero en termos recíprocos: as empresas deben comprometerse a soster o emprego.
Escaseza de axudas
Ambas as dúas entidades coinciden tamén na insuficiencia das axudasofrecidas ata o de agora pola Xunta de Galicia. CCOO considera que estas axudasdeben estar equilibradas, é dicir, que existan axudas directas tanto paraempresas como para os sectores e as persoas traballadoras. Entre outras cousas,propoñen programas para fomentar o consumo na hostalaría, axilizar aliquidación de axudas económicas ás pemes e autónomos e promover medidas demediación para renegociar temporalmente o prezo do alugueiro cos propietariosdos inmobles.
Por outra banda, na reunión tamén se abordou a necesidade reclamar ao Goberno central que presente canto antes o plan de choque para a hostalaría e o comercio que anunciou hai un mes e que segue acumulando atrasos.