A programación do Ames Cultural remata esta fin de semana do 8 e 9 de maio coa obra “ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao)”, ambos días ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta representación do Grupo Chévere forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. Ao remate da función do venres haberá un coloquio co elenco, dunha duración aproximada de 30 minutos. As entradas están esgotadas, pero no caso de liberárense ocos, estarán dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
“ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao)” pecha a programación do Ames Cultural