Ás nenas e nenos participantes fíxoselles entrega dun equipamento consistente nun pantalón e nunha camiseta
O campus de verán que organiza o RC Deportivo da Coruña, en colaboración co Concello de Ames e o Bertamiráns FC, remata este venres. Nesta segunda edición, o Campus contou coa participación de 40 rapazas e rapaces.
Dirixido a rapazas e rapaces entre os 6 e os 14 anos, nesta edición o Campus Dépor de Ames contou coa participación de 40 nenas e nenos. Divididos en grupos por idades (aínda que tendo en conta tamén afinidades persoais e destreza no xogo), as e os participantes puideron asistir ao Campus tanto unha soa semana como dúas. Así, o campus dividiuse en dúas quendas, cada unha dunha semana de duración. A primeira foi do luns 3 ao venres 7 de xullo, e a segunda está a abraguer do luns 10 ao venres 14.
Ás nenas e nenos participantes fíxoselles entrega dun equipamento consistente nun pantalón e nunha camiseta. Alén diso, tamén lles foi entregada unha entrada para asisitir ao torneo de verán Teresa Herrera na Coruña. Debido aos bos resultados do Campus, todo parece apuntar que para o próximo ano haberá unha terceira edición do Dépor Campus en Ames.