Este mediodía oito voluntarias e voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames participaron no incendio forestal que houbo na Moniña (Biduído) e que tiña a orixe no de Pardiñas (Santiago). Realizáronse tarefas de protección dunha vivenda, e nel estiveron a Policía Autonómica, Garda Civil de Milladoiro, Policía Local de Ames, GES de Brión e medios municipales que forman parte do plan de incendios: tractor motobomba e camión de Urbaser.
Incendio forestal na Moniña, Biduído