16 Xaneiro, 2018

Un innovador método para ensinar a tocar o piano sen aburrirse chega de Madrid a Bertamiráns

Adictos a las teclas abre a sua primeira sede en Galicia en Bertamiráns e a súa directora, Montserrat Lata, garante que aprenderemos a tocar o teclado ou o piano antes de que perdamos o interese por 35 €/mes

A quen non se lle pasou pola cabeza a posibilidade de tocar un instrumento musical, de deixar coa boca aberta a familiares e amigos tocando unha sonata de Mozart, ou un nocturno de Chopin. Ou ao mellor acompañar as sobremesas de festa ou as ceas de Nadal con animados pasodobles.

Seguro que si. E se esto non sucedeu pode que aínda suceda. Hoxe pode aprender a tocar o piano en poucos pasos e tocando desde o primeiro día por 35 euros ao mes.
Este novo método que deixa atrás as tediosas clases de teoría e os repetitivos e aburridos exercicios.

Se trata dun “sistema moi activo e motivador para os que queren aprender a tocar o piano ou o órgano”, explica a directora de Adictos a las teclas, Montserrat Lata.

Cada alumno comeza a tocar o piano ou o teclado desde a primeira clase e. desde ese mesmo instante, a familiarizarse coa globalidade do espectro musical: melodía, harmonía e ritmo. O método non impide afondar en todos os aspectos relativos á teoría musical dun xeito asequible e progresivo, pero sempre sen perder o obxectivo primordial, que é “dominar o instrumento”. A función de Montserrat é máis parecida á dun adestrador que a dun formador musical tradiconal. Ademais de difundir contidos, o formador encárgase de motivar ao alumnado para que logre o máximo aproveitamento do método.

PARA A MÚSICA NON HAI IDADES

A fórmula que se emprega en Adictos a las Teclas “permite aprender a calquera persoa, sen importar a idade ou o nivel”, afirma Monserrat Lata.

Cada alumno ten un instrumento a súa disposición todo o tempo da clase, o que lle permite aprender ó seu ritmo e sen necesidade de que ninguén, salvo o profesor o escoite.

Hai nenos desde os dous anos ata maiores de 65. Explica a directora do centro de Bertamiráns. As clases son persoalizadas e adáptanse a cada alumno como “un traxe a medida”.

Este sinxelo método de traballo permite recuperara ilusión pola música ou facilita o inicio aos máis pequenos sen que caian no aburrimento e percibindo os progresos de contado.

O número de contacto é 679858159