O Ciclo Mestre Mateo en Ames chegará á súa fin este mércores, 30 de novembro, coa proxección do filme ‘Jacinto’, protagonizada polo malogrado actor e cómico Pedro BrandarizConcellaría de Cultura de Ames retoma unha vez máis as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, desta volta co filme “Jacinto”, que foi nominado en once categorías nos XX Premios Mestre Mateo. A película conta a historia de Jacinto, un adulto con mentalidade infantil ao que lle cambia a vida a chegada de dúas novas veciñas á súa aldea. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20h. Para asistir é necesario retirar convites de balde, que xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
‘Jacinto’ pecha o Ciclo Mestre Mateo en Ames