24 Febreiro, 2026

Jadel Rodríguez logra o bronce na Liga Nacional de Logroño

A Escola de Karate Dokkodо volveu situar o deporte de Ames no panorama nacional tras a súa participación este fin de semana na Liga Nacional celebrada en Logroño. 

O equipo desprazado á Rioxa, composto por seis competidores, mediu o seu nivel contra os mellores karatekas do país nas modalidades de kata e kumite.

O éxito máis destacado da fin de semana foi o bronce acadado por Jadel Rodríguez Paulino na categoría Xuvenil Masculino +60 kg. Jadel demostrou unha gran solvencia e madurez competitiva, logrando subir ao podio nun dos escenarios máis esixentes e concorridos do calendario nacional.