26 Outubro, 2021

Licitada a reurbanización da Horta de Abaixo, en Bertamiráns

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación das obras de reurbanización da Horta de Abaixo, dende a Travesía de Lodeiro á rúa Cómaro por valor de 281.080,08 euros (IVE incluído). As obras executaranse sobre as beirarrúas perimetrais da urbanización, os camiños e as ramplas entre as áreas estanciais da praza da Horta de Abaixo e os bloques de vivendas. Tamén se actuará nas zonas das pistas de baloncesto, nas zonas de xogos en chan, xogos infantís e xogos de maiores.