O Concello colabora coa AECC na confección de dorsais e chapas para esta carreira e ademáis promove unha conferencia o día 26 no Milladoiro (JUPEMI)
As actividades vinculadas á conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mamá inclúen a organización dunha conferencia, o 26 de outubro, ás 18:00 horas, no local de JUPEMI. A charla informativa, que tratará sobre a prevención deste cancro, será impartida por dúas das psicólogas da AECC, Lucía Álvarez-Santullano e Aroa Gutiérrez.
A AECC tamén estará este domingo, 22 de outubro, na carreira popular pedestre de Ames, cunha mesa informativa. Nesta carreira, xunto cos dorsais tamén serán entregadas unhas chapas realizadas polo Concello.