5 Febreiro, 2021

Máis de 3.000 persoas convocadas ao cribado de Ames

A Consellería de Sanidade convocou hoxe un cribado masivo de 12.000 persoas na área sanitaria. Faranse ata 3.300 probas entre veciñas e veciños de Ames de 41 a 50 anos. Son persoas con tarxeta sanitaria nos centros de saúde locais que serán citadas por SMS. As probas realizaranse no recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela, o sábado 6 e mailo domingo 7 de febreiro. O Concello recorda que é moi imporante asistir a esta cita e respectar a hora e data da cita para evitar aglomeracións. O Concello solicitou este cribado nunha carta enviada está mesma semana ao Sergas.

En canto aos resultados, trasladaranse por medio de mensaxe en caso negativo e vía telefónica para os positivos. O obxectivo da realización destas probas é detectar o maior número posible de contaxiados asintomáticos.

Dende o Goberno municipal de Ames solicítaselle a todas as persoas convocadas a que acudan a este cribado e amosen a súa responsabilidade e compromiso social. O alcalde de Ames, Jose Miñones, fai un chamamento á veciñanza “para amosar, unha vez máis, o gran compromiso do noso concello nos momentos necesarios, coma é este, co obxectivo de detectar casos asintomáticos de Covid”.