Na última mesa de contratación acourdouse a exclusión da actual empresa do proceso licitador pero a día de hoxe segue a desempeñar o servizo
O partido PxA ven a denunciar o servizo de canceira e lacería que presta unha protectora de Cambados dende fai un par de meses. A licitación deste servizo quedou deserto en varias ocasións e dende o concello tiveron que contratar a unha protectora de Cambados para facerse responsable. Na última mesa de contratación, reunida o 28 de agosto, acourdouse a exclusión desta empresa do proceso licitador pero a día de hoxe segue a desempeñar o servizo.
Os de Argibay consideran “unha absoluta irresponsabilidade que o goberno tripartito do señor Miñones consinta esta dobre chapuza por un lado as rechamantes eivas en materia de contratación, tanto nos procedementos como nos resultados obtidos, e por outro as eivas na Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, cuxo responsable demostran non ter capacidade de reacción a un problema que segue sen resolverse”. Hai que recordar que este servizo deixa de prestarse durante a fin de semana.
Un dos puntos que incide a formación amesá é licitación que saiu por 30.000 euros máis IVE cando a última licitación que rematou no 2016 foi de 14.000 euros máis IVE. Un aumento de máis de 15.000 euros que aínda así non amosa resposta das diferentes empresas da contorna de Ames.
Parece que o culebrón do servizo continuará durante un par de meses a falta dunha licitación que poida dar cabida as demandas que necesitan dende o goberno municipal.