4 Marzo, 2026

Mara Prieto e Mauro Vilas, ouro no Campionato Galego sub-15 de squash

Os xogadores de squash, Mara Prieto e Mauro Vilas, do club Squash Santiago, proclamáronse o pasado 28 de febreiro campións galegos nas súas respectivas categorías, logo de vencer sendas finais dunha cita clave dentro do calendario autonómico, a cal reuniu ás grandes promesas do squash galego nas instalacións do club Squash Rías Baixas, en Pontevedra.Estes non foron os únicos metais para o squash amesán, xa que Thiago Vilas, irmán de Mauro, levou a medalla de bronce na categoría masculina no que foi o seu debut na categoría sub-15 desta competición.