8 Marzo, 2026

Maxi Oubiña e María Frey, gañadores do VII Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

O domingo, 8 de marzo, celebrouse a sétima edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre e III Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic, unha proba na que este ano se inscribiron 569 persoas.

En canto aos gañadores, no trail longo, de 16 km de distancia, o primeiro deportista en chegara  liña de meta na categoría masculina foi Maxi Oubiña Falcón, do club atletismo Cambados, cun tempo de 1.21.17. Na categoría feminina a gañadora foi María Frey López, do club deportivo Biosbardo, cun tempo de 1.34.12.

Os gañadores do campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic e do trail curto, de 8 km de distancia, foron Álvaro Soto, do club deportivo Delikia, cun tempo de 00.35.42, na categoría masculina; e Sandra González Fernández, do Atlética Lucense, cun tempo de 00.41.13, na categoría feminina.

Este ano, ao celebrar esta proba no Día Internacional da Muller, a cinta da liña de saída foi cortada polo alcalde, Blas García,e pola concelleira de Igualdade, Uxía García.