Ademais de gañar o Quero Cantar, Tentáculo Rock tamén participou nos premios Nova Nicra, en Negreira. A banda obtivo a terceira posición, nunha gala na que o talento de Ames foi notorio: os tres proxectos amesáns participantes foron os que integraron o podio no auditorio Afonso Eanes do Cotón. Adriana Vigo, cantante amesá de 11 anos que xa vencera o Canta con Ames, foi a gañadora deste certame. Na segunda posición situouse o dúo Enma & Candela.
Deste xeito, Adriana Vigo gañou a oportunidade de gravar un tema propio nun estudio profesional, amais do seu correspondente videoclip, Enma & Candela tamén poderán maquetar a súa canción e, pola súa banda, Tentáculo Rock recibiu un premio en metálico de 150 euros.

