Máis de 1.300 persoas participaron este mañá na décimo oitava edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
Máis de 1.300 persoas participaron este mañá na décimo oitava edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Na proba absoluta participaron uns 500 deportistas, mentres que na proba escolar correron arredor de 800 rapaces e rapazas. Na proba absoluta impuxéronse Nuno Costa e Paula Mayobre cun tempo de 30:28 e 35:53 respectivamente. A carreira pedestre disputouse nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, que discorreu pola contorna de Bertamiráns. Esta proba está incluída no V Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e a chegada estiveron instaladas na rúa Alcalde Lorenzo, ao carón da praza do Concello.