A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación un plan de intervención integral ante as “graves deficiencias estruturais” que arrastran e que, segundo dixo, “afectan á seguridade, salubridade e benestar” da comunidade educativa.
Chao lembrou que Ames é un concello “en crecemento demográfico, con moita infancia e adolescencia, e cun saldo educativo positivo”, polo que considerou “inaprazable” que a Xunta de Galiza actúe tanto na construción de novas infraestruturas –como o novo colexio do Milladoiro– como na “conservación e acondicionamento das xa existentes”.
Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames, agradeceu a Saleta Chao o “interese amosado pola situación dos centros educativos do concello e o seu compromiso á hora de trasladar e visibilizar as carencias que estes espazos levan anos arrastrando”.