25 Xaneiro, 2021

O Concello pide á veciñanza autoconfinarse ante os 184 casos activos de COVID-19

O Concello informou hoxe de que o número de casos de COVID-19 en Ames, segundo a Consellería de Sanidade, é de 184 activos. O Goberno local fai un chamamento ao autoconfinamento e solicita á veciñanza que limite toda saída do fogar que non sexa imprescindible e non se desprace fóra do concello, salvo os casos debidamente xustificados.

Lembran que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Ademais, resaltan que nesta nova etapa de restricións “é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade”. “Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da COVID-19”, piden.

Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.