31 Xaneiro, 2021

O Concello reforza a presión sobre a Xunta pola liña Santiago-Ortoño

A Corporación municipal aprobou por unanimidade no pleno ordinario de xaneiro, unha moción presentada conxuntamente entre os partidos políticos que forman o Goberno municipal (PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos) e as asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído, na que se solicita que a Xunta asuma a súa competencia en materia de transporte metropolitano e preste o servizo de maneira inmediata a estas parroquias, trala desaparición da liña urbana de Santiago que chegaba ata Ortoño. Dita moción foi acordada coas asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduído nunha xuntanza celebrada o pasado 18 de xaneiro. Todos os grupos políticos coincidiron en reclamar a restitución deste servizo de autobús.