16 Febreiro, 2022

O Equipo @ da Garda Civil do Milladoiro investiga a un veciño de Zas por estafa

O Equipo @ Milladoiro da Comandancia da Garda Civil da Coruña, especializado en ciberdelincuencia, investigou a un veciño do concello de Zas como presunto autor dun delito de estafa. Os feitos ocurriron a raíz dunha denuncia na Guarda Civil do concello de Laxe por parte dun turista de Salamanca, que tras ter decidido pasar coa súa familia uns días de vacacións nesta localidade costeira, buscou nun coñecido portal de alugueiro de inmobles de internet un por esa zona.

Unha vez localizado un piso que se adecuaba ás súas necesidades, púxose en contacto co suposto propietario, o residente en Zas, acordando un prezo de 550 euros polo alugueiro, ingresando a continuación esa cantidade na conta bancaria indicada. Tras realizar a viaxe coa súa familia dende o seu domicilio ata Laxe intentou contactar varias veces co investigado para recoller as chaves da vivenda, non obtendo resposta algunha, momento no que se decatou de que fora víctima dunha estafa e de que non disporía do piso alugado.

A Guarda Civil investigou os feitos en aras de constatar a veracidade dos mesmos e identificar plenamente ao autor ou autores do ilícito. No transcurso da investigación, tras analizar a información recabada, o Equipo @ logrou a identificación plena do responsable dos feitos, resultando ser un veciño de Zas coñecido polas forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole na zona de Sanxenxo e Pontevedra, procedendo á súa investigación como presunto autor dun delito de estafa. A Guarda Civil lembra que este tipo de estafas se incrementa en períodos vacacionais e en destiños con gran demanda turística, recomendando prestar especial atención se o prezo do alugueiro é considerablemente inferior ao valor medio dos da zona.