Axentes da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración en colaboración co persoal do Distrito Forestal III Santiago- Meseta Interior, esclareceron un incendio forestal ocorrido nunha leira de Quintáns o pasado 18 de xullo.
O lume produciuse cando a investigada realizaba unha queima de restos agrícolas, as cales están totalmente prohibidas en tempada de alto risco de incendios, é dicir, ata o vindeiro 30 de setembro. O lume afectou a unha superficie total duns 3000 metros cadrados de superficie rasa, sendo necesaria a actuación dos medios de extinción para o seu control. Os feitos puxéronse en coñecemento das autoridades xudiciais competentes.
Nas tarefas de control de extinción do lume participou persoal do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior: un Axente, dúas Brigadas, 1 motobomba e GES de Brión.
No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 36 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.