25 Febreiro, 2026

O Pleno debaterá unha cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamento 

Este xoves, 26 de febreiro, celébrase o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro.

Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá unha cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamento municipal do exercicio 2026, a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal do ICIO, a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña para financiar e poñer en marcha unha nova liña de axudas para as comunidades enerxéticas, e a aprobación da modificación do convenio de colaboración entre os Concellos de Ames e Brión para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a realización do obradoiro dual de emprego Renova Verde 

Ademais, abordaranse catro mocións presentadas polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, Partido Popular e BNG. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Na sesión plenaria celebraba o pasado luns, 23 de febreiro, resultou rexeitada a aprobación inicial do orzamento de 2026 con 8 votos a favor do grupo municipal do PSdeG-PSOE e 12 votos en contra (6 votos do grupo municipal do Partido Popular, 5 votos do grupo municipal do BNG e 1 voto do grupo municipal  de Espazo Común).

Debido a isto, vincúlase a aprobación do orzamento municipal do exercicio 2026 a unha cuestión de confianza. Cómpre lembrar que o orzamento para o exercicio 2026, presentado polo goberno municipal, ascende á cifra de 43.334.228,98 euros, e que está composto polo orzamento municipal de 38.753.577,15 euros e mailo orzamento da EPEL Augas de Ames de 4.580.651,83 euros.

Aprobarase dita cuestión de confianza se votan a favor da mesma a maioría simple dos concelleiros/as da Corporación municipal ou porque non se presenta no prazo dun mes unha moción de censura, ou presentada esta, non se alcanza o quórum requirido. Neste caso haberá expor ao público por un prazo de quince días o orzamento xeral de 2026, integrado polo orzamento do Concello e o da EPEL Augas de Ames, as bases de execución e os cadros de persoal aprobados.