14 Marzo, 2022

O PP de Ames pide unha solución urxente nunha casa en ruínas de Covas

O PP de Ames denuncia o “evidente risco de derruba” dunha casa en ruínas situada xunto á igrexa de Santo Estevo de Covas. Aseguran os populares que o estado do edificio preocupa entre a veciñanza do lugar da Igrexa “que leva moito tempo esperando unha solución ante a situación de risco que supón esa vivenda abandonada pola súa posible derruba ao paso dun viandante”.

Lembran que xa se iniciaron actuacións pola situación desta casa de fins do XIX, logo de caeren pedras da mesma. O incidente saldouse ata agora coa colocación na zona de valos metálicos e unha inspección do lugar. Os populares reclaman que se leve a cabo unha solución definitiva.