24 Novembro, 2021

O PP de Ames presentará unha moción en defensa do sector lácteo galego

Os populares de Ames anunciaron hoxe que levarán ao próximo pleno unha iniciativa en defensa do sector lácteo de Galicia. No pleno ordinario de novembro, que se celebrará mañá, o PP pedirá ao Ministerio de Agricultura a validación oficial da Conta Láctea, a aplicación informática da Xunta que calcula os custos de produción. Tamén solicitarán que se garante un prezo recibido que cubra os custos dos gandeiros.

Dende o PP lembran que Ames xa se adheriu en 2015 á Plataforma en Defensa do Sector Lácteo. Naquel momento decidiuse instar á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Agricultura e á Comisión Europea para que se artellasen medidas de apoio ao sector.