O Partido Popular de Ames recibe constantemente queixas e suxerencias dos veciños do municipio, sobre todo do rural. Os concelleiros do PP tratan de atender a todos os que confían en eles trasladando as súas peticións ós distintos departamentos do Concello.
Ata agora os concelleiros do PP facían unha xuntanza para decidir os temas que van levar ó pleno municipal, os escritos que deben presentar ou as preguntas que van formular en cada sesión. Nese afán por seguir achegándose ós veciños a facer máis fluida a comunicación con eles, esas reunións vanse trasladar ás parroquias do rural.
Os concelleiros do Partido Popular irán facendo as súas xuntanzas de xeito itinerante, comezando por una parroquia e trasladándose á seguinte na próxima reunión. Os veciños de Agrón, Ameixenda, Ames, Biduido, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte poderán acudir e dar as súas opinións de xeito libre e mesmo facer propostas en estas citas de traballo que se irán anunciando para facilitar a súa asistencia.
O Partido Popular sempre apostou polo rural, sen olvidar as necesidades do Milladoiro e Bertamiráns, e con esta iniciativa quere achegarse aínda máis a uns veciños que en moitas ocasións séntense desatendidos.