1 Xullo, 2020

O transporte adaptado funcionará na xornada electoral do 12-X

A data das eleccións autonómicas do vindeiro 12 de xullo tamén será cuberta polo servizo municipal de transporte adaptado. Este servizo rofrece á persoa que o necesite a recollida no domicilio, o transporte ata a mesa electoral e a viaxe de regreso á casa. As persoas interesadas deberán contactar coa xestión do transporte no teléfono gratuíto 900 204 000, no 662 377 044 ou no enderezo electrónico voluntariado@concellodeames.gal. O prazo remata o 10 de xullo.

A veciñanza de Ames con problemas de mobilidade poderán acollerse a este servizo para exercer o seu dereito ao voto. Garantiranse as condicións de seguridade e hixiene, sendo obrigado o uso de máscaras. Manterase en todo momento a distancia de seguridade, xa que en cada quenda só se ocuparán cinco das once prazas dispoñibles. O vehículo será desinfectado entre servizos. 

Cómpre salientar que nesta ocasión o servizo dará prioridade ás persoas que teñen menos mobilidade e, dependendo da demanda, fará varias viaxes tanto de mañá como de tarde.