A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro mantén aberto o seu VII Certame Fotográfico ata o vindeiro 22 de novembro. O concurso de fotografía é unha actuación promovida pola Asociación, que pretende mediante a imaxe e a súa reflexión, fomentar a participación da ciudadanía na actividade económica de Ames. A temática do certame xira arredor do espazo do parque empresarial e da visión da empresa actual.
As obras serán expostas do 1 ao 22 de decembro na Casa de Cultura do Milladoiro e do 23 ao 31 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As imaxes serán expostas xunto co título indicado polo autor, de forma que o público só coñecerá os nomes dos realizadores das fotografías gañadoras no momento da entrega dos premios.

A participación está aberta a calquer persoa afeccionada a este arte e a forma de participar é doada. Só hai que enviar unha fotografía realizada no parque empresarial do Milladoiro a certamefotografico@aenovomilladoiro.com cos datos persoais e o título da fotografía. Será a propia Asociación quen se encargue da impresión con equipos XEROX.
O concirso contará cunha categoría absoluta con tres premios (500, 400 e 300 euros, respectivamente, para o 1º, 2º e 3º), e outra xuvenil-ingsntil con vales por valor de 75, 50 e 40 euros. Todos os gañadores de ambas as dúas categorías levarán un trofeo.