5 Febreiro, 2026

O vineiro día 11 a Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas estará no Milladoiro

O Milladoiro acollerá o vindeiro 11 de febreiro a Oficina Móbil de Retorno “Benvidos a Galicia”, unha unidade destinada ás persoas emigrantes retornadas ao país con dificultades de acceso ás sedes da Oficina de Retorno, situadas nas principais cidades galegas. O aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro será o emprazamento desta iniciativa en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O obxectivo principal da Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas é achegar as ferramentas precisas para a inclusión e integración das persoas nesta situación, así como resolver dúbidas sobre os distintos aspectos do regreso a Galicia e as necesidades asociadas ao proceso de retorno. 

Para todas aquelas persoas que non poidan acudir de forma presencial á unidade, a Xunta de Galicia ten información de interese dispoñible na web emigracion.xunta.gal, ademais do número de teléfono 900 102 380, habilitado para achegar orientación e respostas a calquera dúbida que as persoas nesta situación poidan formular.