Este sábado, 16 de maio, a karateka do Milladoiro Olivia Parga ,disputou o Open DaedoKMastery , este prestixioso torneo na localidade de Illescas onde se concentran os mellores karatekas españois e de 18 países .
Fíxose un gran torneo ,eliminando na 1º ronda a súa rival por 5-0 ,na segunda ronda gañou por 6-1 ,clasificándose así para semifinais onde perdeu por un axustado 8-7 despois dun grandísimo combate onde tivo que remontar en diferentes ocasións .Puido disputar o bronce ,onde non nos saíron ben as cousas e perdeuno por 4-2 .
Créemos que estes grandes combates serven pra preparar futuras competicións e seguir medrando coma deportista enfrontándose sempre a grandes rivais que lle axudan a mellorar .
Como non se para ,este sábado acudiremos a Maceda ,Ourense ,pra disputar o III xornada da liga galega que pode servir pra dar un paso xigante na busqueda do Grand Winner Galega que se disputara en Cedeira no mes de xuño e que coroará os mellores karatekas de Galicia