A karateka amesá, Olivia Parga, participou a terceira fin de semana de xaneiro na primeira fase da liga nacional cadete de karate.
Olivia disputou tres combates chegando ata cuartos de final, despois de gañar os dous primeiros combates por 3-0 e 4-0 e perdendo o último por 3-0, e non tendo opción de repesca.
Ademais, a deportista amesá volveu ser incluída no programa GSKU (Grupo de Seguimento de Kumite) da Federación Galega de Karate que apoia ás/os mellores karatekas de Galicia na sua formación.