O 25N chega aos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro co obradoiro educativo “A violencia de xénero a través das pantallas”. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende que a mocidade sexa consciente dalgunhas das conductas vencelladas á violencia de xénero que se produce nas distintas redes sociais desde un enfoque dinámico e próximo.
No obradoiro trataranse temas de actualidade como o acoso por mensaxería, os insultos desde o anonimato ou a violencia verbal. Tamén se falará dos cánones de beleza e comportamento inculcados en redes como Instagram ou TikTok.
“A violencia de xénero a través das pantallas” terá lugar mañá, xoves 26 de novembro, en dúas aulas do IES Milladoiro e, o venres 27 de novembro, nunha do IES Bertamiráns. En ambos centros, realizarase en horario de mañá.
Quén o imparte?
Este obradoiro, que aborda temáticas de violencia de xéneros, redes sociais e mocidade, será impartido por unha graduada en Psicoloxía pola UAB, con especialización en psicoloxía clínica e da saúde polo ISEP e Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola UNIR. Ademais, conta cunha formación específica en Igualdade de Oportunidades con aplicación práctica en Servicios Sociais, formación como especialista en trauma e EMDR e formación en Igualdade. Cabe destacar que a relatora coordina diferentes obradoiros psicoeducativos en ARA Psicoloxía e colaboradora en distintos medios de comunicación.