Os irmáns Parga finalizan a tempada estival con sendos podios en Carballedo

Antes do parón veraniego, disputouse en Carballedo o I Trofeo internacional de karate da Riveira Sacra, un evento que xuntou a preto de 250 participantes chegando de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e Leon e Portugal.

Nesta ocasión os irmáns amesans e veciños do Milladoiro Xoán David e Olivia Parga volveron a subir o podium ,Xoán obtivo a medalla de prata despois de tres  grandes combates, perdendo a final contra o seu compañeiro de equipo Fabio Cancelo. Pola súa parte Olivia gañou os seus dous combates con claridade conseguindo subir o mais alto do podium.

Agora toca descansar e repoñer forzas porque despois do verán hai moitos compromiso, tendo ámbolos dous  as segundas xornadas das ligas nacionais así como o campionato galego que permíteche acceder a preselección pra acudir coa selección galega o Campionato de España a celebrar en Xaén en novembro .