O inventario recolle a relación de todas as propiedades municipais xunto coa valoración do patrimonio
A principios de xullo de 2015, fai xa máis de dous anos, publicouse na web municipal a actualización do Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ames. Os traballos de actualización comezaron uns anos antes e, tras un longo período de traballo de campo, xeolocalización, fotografado, medición de elementos, definición de topoloxías de bens, etc, etc, concluíron en decembro de 2014 co documento que recolle os bens e dereitos das once parroquias de Ames. O inventario recolle a relación de todas as propiedades municipais xunto coa valoración do patrimonio. Contén unha listaxe de inmobles urbanos e rústicos, bens histórico-artísticos, vehículos, viarios, dereitos reais, mobles, créditos persoais, valores mobiliarios, etc.
Paralelamente ao inventario desenvolveuse unha aplicación informática que permite a xestión do mesmo e a súa permanente actualización. Deste xeito o Concello conta cunha ferramenta de traballo e instrumento de xestión moi útil; a condición de que se estea permanentemente traballando sobre o mesmo e actualizándoo, xa que os bens recolleitos son os existentes ata novembro de 2012, que é a data de alta que consta nas fichas dos mesmos.
Os de Oliva Agra acusan de falta de xestión ao tripartito xa que “non defenden nin protexen os bens do Concello”
O Grupo Municipal Popular pediu ao goberno Tripartito de Ames información sobre os bens e dereitos que, a partir de decembro de 2012, incorporáronse ao patrimonio municipal, con independencia de que non se deron de alta no inventario xa que consultado o inventario publicado na web municipal, non parece que sufrise ningunha actualización.
Segundo os populares a información que aparece no Inventario “non está actualizada e a falta dunha correcta amortización dos mesmos impide a súa adecuada contabilización, descoñecéndose o valor actual dos mesmos e por tanto a valoración correcta da inmobilizado propiedade do Concello”. Rematan os de Oliva Agra acusando de falta de xestión ao tripartito xa que “non defenden nin protexen os bens do Concello”.