Os efectivos do Grupo de Emerxencias e Seguridade de Brión acudiron esta tarde ao lugar de Barouta, en Ames, para axudar a unha persoa a saír do seu coche despois de sufrir un accidente, ao chocar contra un poste da luz. Así, os membros do GES utilizaron o material de excarcelación para que a persoa accidentada puidera abandoar o vehículo nas mellores condicións, aínda que non estaba atrapada, e evacuala á ambulancia. Posteriormente, foi trasladada a un centro hospitalario polos servicios sanitarios desprazados.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través dunha persoa particular, uns minutos despois das tres. De seguido, o persoal do 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local de Ames, do GES de Brión, da Guarda Civil de Tráfico, de Protección Civil da localidade e da empresa suministradora da electricidade. Ademais, informou do accidente aos Bombeiros de Boiro.