9 Xullo, 2021

Os xardíns do Pazo da Peregrina, pechados á noite

O alcalde de Ames, J. Blas García Piñeiro, ven de publicar un bando sobre o peche do Pazo da Peregrina e xardíns en horario nocturno, seguindo así as recomendacións da Xunta para evitar a propagación da COVID-19. O horario de peche será de 22h a 7h, impedindo que no lugar se creen agrupacións de persoas de difícil control e evitando a xeración de ruídos en horario de descanso. Dentro dese horario tan só poderán ter lugar actividades con autorización previa por parte do Concello.