17 Xullo, 2017

PxA critica que o tripartito faga propagando dos proxectos do mandato anterior

Acusan ao alcalde, José Miñones, e ao seu grupo municipal de dobre moral ao votar en contra das actuacións do POS2015

Pacto x Ames critica que o tripartito estea a facer “propaganda e apropiarse de proxectos que foran aprobados ao final do anterior mandato coma o servizo de monitoraxe de comedores, tardes divertidas, axuda no fogar ou servizo integral de limpeza”.  Segundo a formación amarela, o Goberno municipal “está facendo un copi/pega”.

Acusan ao alcalde, José Miñones, e ao seu grupo municipal da dobre moral ao votar en contra das actuacións do POS 2015 para despois anuncialas feitas polo novo Goberno. Unha inversión que ascendía nese momento a 815.008,04 euros e que na acta plenaria consta como Miñones e demáis membros dos socialistas votaron en contra.

Rematan os de Argibay criticando á Genma Otero, primeira tenente alcalde e concelleira de Economía de Facenda, pola privatización dos servizos como limpeza, monitores… cando o compromiso “era a municipalización, outra mostra da demagoxia aprobada con Ames Novo que claudicou ante Podemos e baixa a cabeza ao igual que o PSOE e BNG, fagocitados por Podemos”.