11 Xullo, 2017

O Partido Popular preocupado polo aumento de delitos no concello

Ames é concello galego onde máis aumentaron os delitos

En maio de 2017, o Ministerio do Interior facilitaba os datos sobre os delitos dos concellos de máis de 30.000 habitantes. Unha información que recolle as denuncias formuladas ante a Policía Nacional, Garda Civil, policía autonómica e policías locais; corpos responsables de proporcionar os datos ao Sistema Estatístico de Criminalidade.

Os números indican que Ames, con 225 infraccións penais durante o primer trimestre do 2017, é con diferencia, o concello galego onde máis aumentaron os delitos. Un 24,3%, seguido de A Coruña, cun 7,4%. Esta situación preocupa ao Partido Popular de Ames que acusa ao Goberno local de non conovar a Xunta Local de Seguridade.

Os Populares solicitan a súa convocatoria pola expiración do prazo legal para a súa celebración; sen embargo, os de Oliva consideran que “a seguridade cidadá continúa sendo unha cuestión secundaria para o Tripartito de Ames, dado o caso omiso que fai da obrigatoriedade de convocala”.

O grupo municipal popular remata mainfestando a súa preocupación polo incremento de delitos, e especialmente polos cometidos contra a liberdade e indemnindade sexual e os casos de violencia de xénero e solicitan “a urxente convocatoria da Xunta Local de Seguridade, solicitando que nesta reunión se preste especial atención aos delitos contra a liberdade sexual e os que poidan ter a súa orixe en casos de violencia machista”.