15 Abril, 2020

Pechan todas as fontes públicas do municipio

O Concello de Ames informou esta mañá do peche de todas as fontes públicas do concello. Prohíbese o seu uso durante a vixencia do estado de alarma. O Concello asegura que adopta esta “por recomendación sanitaria”, e pide “a comprensión e colaboración da veciñanza amesá”.

As fontes públicas son instalacións onde se pode ter máis contacto coas mans ou coa boca. O Concello sinala que neste momento non se pode garantir a ausencia de COVID-19 na súa superficie ou billas e, por tanto, prefire pechar calquera posibilidade de contaxio.