O Concello de Ames informa que, debido a unha incidencia provocada polo desprendemento do liner, a piscina municipal do Milladoiro deberá permanecer pechada ata o vindeiro luns, 21 de xullo.
Goberno vén de trasladar o malestar á empresa polas continuas deficiencias da obra de arranxo da piscina e vaise a solicitar un informe técnico para depurar responsabilidades.
Para paliar os efectos desta circunstancia, o Concello reforzará o servizo de transporte en autobús á praia fluvial de Tapia na xornada de mañá, facilitando así o acceso a espazos de lecer alternativos.
Pola tarde xa existe un servizo de transporte.
BUS DE TAPIA
O autobús sairá ás 15.30 horas desde O Milladoiro e realizará parada en Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. O regreso será ás 20.00 horas coas mesmas paradas que no percorrido de ida.
Localización das paradas:
O Milladoiro: Parada do novo centro de saúde.
