A demarcación hidrográfica Galicia-Costa vén de decretar a situación de pre-alerta no concello de Ames. Froito desta declaración o Concello de Ames participou xunto a outros20 municipios nunha xuntanza con Augas de Galicia, co fin de adoptar medidas e recomendacións de cara ás vindeiras semanas. Na mesma liña, o vindeiro luns 29 de agosto, o alcalde de Ames, Blas García; os técnicos do Ciclo Integral da Auga e os responsables da empresa concesionaria do servizo van manter unha reunión co alcalde de Brión, Pablo Lago, e cos técnicos do Concello de Brión para estudar a necesidade de por en marcha novas medidas de xeito conxunto entre ambos concellos.
Segundo o concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, “estamos ante unha situación complicada e preocupante pola persistencia da seca que levamos ao longo destes meses de verán. Dende o Concello seguimos apelando a un consumo responsable por parte da veciñanza para garantir a subministración”.