Esixen que a xestión deste establecemento poida ser concedida a outra organización de similares características ou abrir un proceso de licitación para que sexa unha empresa que leve o quiosco
O abandono do quiosco da Praza de Chavián, en Bertamiráns, é motivo de preocupación para os populares de Ames. Segundo o grupo municipal popular, o estado do quiosco é preocupante xa que é un foco de insalubridade por mor dun nido de ratas que pode haber baixo a súa base.
En maio deste ano, os populares presentaron un escrito para coñecer cuestións relacionadas con COGAMI, antiga responsable do quiosco de Chavián, e polas actuacións do goberno local nese asunto. Ademais, esixen que a xestión deste establecemento poida ser concedida a outra organización de similares características ou abrir un proceso de licitación para que sexa unha empresa que leve o quiosco.