26 Xullo, 2017

Preocupación de PxA polas demandas xudiciais que está causando a modificación da RTP

En menos de seis meses xa se presentaron 4 demandas que neste caso, están relacionadas coa Escola Municipal de Música

A formación PxA, liderada por Ramón García Argibay, está preocupada pola situación que se está a vivir dende a aprobación da RTP. En menos de seis meses xa se presentaron 4 demandas que neste caso, están relacionadas coa Escola Municipal de Música. No seu conxunto reclaman máis de 50.500€.

Os de Argibay denuncian a opacidade do Goberno xa que segundo as súas declaracións “están intentando ocultar todos estes procedementos que teñen data de entre abril e maio, de aí que Pacto X Ames fale de “alo menos 4 demandas” porque son das que se teñen certeza ata o de agora”.

Recordan que fai un par de meses, foi o propio Argibay cando insistira no pleno celebrado a principios de ano que “provocará unha cascada de demandas e conflitos xurídicos que poden ter consecuencias onerosas para o concello”.

A RTP foi aprobada polo pleno co apoio de Ames Novo. No seu momento, os traballadores do Concello deronlle un apoio do 70%. O 30% restante, dalgunha maneira, non estaba de acordo co que se levaba para o pleno de ahí que os de Pacto x Ames recalquen que é unha “decisión sectarea, inxusta e insolidaria”.