Os representantes das tres organizacións amosaron a súa satisfacción polo alto grado de desenvolvemento e execución do programa pactado en 2015
Os partidos políticos PSdeG-PSOE, CONTIGO PÓDESE-Ames e BNG consideran positivo o balance do goberno tripartito de Ames, así como valoran o alto grao de cumprimento do programa de goberno no ecuador do mandato municipal.
Representantes das tres formacións políticas, que asinaron o pacto de goberno en 2015 para garantir a gobernabilidade do concello de Ames, tiveron varias xuntanzas ao longo deste mes de xullo para avaliar e facer seguimento do Programa de Goberno acordado hai dous anos.
Ao longo das reunións analizouse o cumprimento programático, tanto a nivel global como das distintas áreas do goberno que foron delegadas en concelleiros e concelleiras das tres formacións políticas. Con carácter xeral, os representantes das tres organizacións amosaron a súa satisfacción polo alto grado de desenvolvemento e execución do programa pactado en 2015. Fan un balance positivo da evolución do goberno local amesán, ao apostar por unha política aberta, transparente e participativa coa cidadanía.
Os tres partidos valoran que nestes dous anos de Goberno “se superaron moitas circunstancias adversas produto dunha herdanza oculta recibida”. Recalcan que a acción de goberno non só avanzou en base ao plan programático trazado senón que resolveu moitas dificultades e hipotecas do goberno anterior: o pagamento de máis de 1,5 millóns de euros en facturas atrasadas, ademais de 460 mil euros pendentes da depuradora imputábeis ao concello, a negociación sobre a débeda municipal coas entidades financeiras que rebaixou o promedio dos gastos financeiros.
Rematan as tres formacións políticas recalcando o logro alcanzado “que está a ser un exemplo a nivel nacional amosando que co diálogo chega o entendemento e un goberno de tres forzas ben pode traballar a prol da cidadanía cunha transformación inmediata de políticas e con logros inalcanzables no pasado para gobernos maioritarios”: