Dende fai un ano este sistema está finalizado e pagado dende 2016 pero aínda non está en funcionamento
O grupo municipal Pacto x Ames amosa unha preocupación por unha factura irregular que ascende a 21.417 euros realizado polo goberno tripartito nun sistema de vídeoacta que foi contratado en marzo de 2016. Dende fai un ano este sistema está finalizado e pagado dende 2016 pero aínda non está en funcionamento.
O contrato foi adxudicado a dedo a unha empresa con sede en Madrid por un importe de 21.417 €, xusto 363 euros menos que o permitido legalmente pola Lei de Contratos do Sector Publico, que fixa en 21780 €, incluído o IVE, o máximo permitido para unha contratación deste tipo. PxA arremete contra o triparito, composto por PSOE-PODEMOS-BNG, de non municipalizar nin un só servizo, en materia de contratación segue abusando dos procedementos de adxudicación directa e dos procedementos negociados sen publicidade.
Os de Argibay considéran que PSOE, BNG e PODEMOS, coa complicidade de Ames Novo, están tapando as súas carencias a costa de presumir nos medios de comunicación e na web oficial, de “capacidade de xestión” como pantalla para ocultar a realidade.