22 Outubro, 2020

Que restricións se aplican no Milladoiro?

A Xunta clarificou onte as medidas específicas que rexerán para o Milladoiro e para Santiago de Compostela no marco xeral do retorno de Galicia á fase 2 de alerta -fase 3 de facto nesta localidade de Ames e na capital galega-.  Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, establécense unha serie de medidas vixentes dende as 12 da pasada noite e os vindeiros catorce días naturais.

Con carácter xeral, prohíbense as xuntanzas entre persoas non conviventes. Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Vida social:
•Celebracións nupciais : 25 persoas en espazos pechados e 50 ao aire libre.

• Lugares de culto: 50 % da súa capacidade.

• Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos.

.• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados. Permítese a actuación de coros durante as celebracións.

• Cines, teatros, auditorios, bibliotecas, salas de exposicións: 50 % da capacidade.

• Límite máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 ao aire libre.

• As actividades culturais de grupo : máximo 5 persoas incluído o monitor ou guía.

• Congresos, eventos e actos similares : 50% da capacidade permitida cun límite máximo de 30 persoas nos espazos pechados e 75 persoas nos espazos ao aire libre .

Hostalería e restauración:

• No interior dos restaurantes, únicamente sentados nas mesas unha ocupación dun 50% doaforo.

• Nos bares e cafeterías non está permitida o consumo no interior do local.

• Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50 % das mesas.

• A ocupación máxima será de 5 persoas, todas elas conviventes, por mesa ou agrupaciónsde mesas .

• Os clientes poden quitar a máscara, exclusivamente no momento do consumo.

• Peche dos locais ás 01:00 horas. Prohibición de acceso de novos clientes desde as 00:00 horas.

Aloxamento turístico:

• Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.

• As actividades de animación ou clases grupais terán un máximo 5 persoas sexan ou non conviventes, incluídos os monitores.

• No aloxamento turístico de albergue, polas súas especiais características, permitirase unha capacidade máxima do 50%.

Comercio:

• Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: límite do aforo ao 50% de capacidade cun máximo de 30 persoas en lugares pechados e 75 ao aire libre.

• Centros e parques comerciais: Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos.

• Centros e parques comerciais: Queda prohibida a utilización de zonas recreativas.

• Mercados ao aire libre: 50 % dos postos.

Festas populares e verbenas:

Prohibidas.

Piscinas:

• Pódese quitar a máscara, durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse e mantendo a distancia de seguridade coas persoas non conviventes.

• Nas zonas de estancia das piscinas establecerase unha distribución espacial para manter a distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios. Os grupos deberán estar constituídos só por persoas conviventes.

Deporte non federado:

• A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes, sen contar o monitor.

• Instalacións deportivas cubertas: grupos máximo de 5 persoas sexan ou non conviventes, sen contar o monitor. Non superación do 50% da capacidade máxima permitida.

Eventos deportivos:

• A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado.

• Non superación do 50 % da capacidade.

• Límite de 30 persoas para lugares pechados e de 75 se se trata de actividades ao aire libre.

Actividades para a mocidade:

• Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 50 participantes, incluídos os monitores.

• Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 25 participantes, incluídos os monitores.

• As actividades deberán realizarse en grupos de ata 5 persoas participantes, sexan ou non conviventes e incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

Autoescolas e outros centros de formación non regrada:

• A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

• Máximo de 5 persoas, excepto no caso de persoas conviventes, no que non se aplicará esta limitación.

Centros cívicos e sociais:

• Poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 50%.

• Actividades en grupos máximo de 5 persoas, sexan ou non conviventes e incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.