As comunidades de propietarios tamén teñen que facer as adaptacións pertinentes nas zonas comúns do edifcio
4 de decembro do 2017. Esa é a data límite fxada para que a accesibilidade sexa obrigatoria para cumprir. A lei 53/2003 de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e os seus posteriores decretos desenvolveron a norma para deixar campo a que no 2017 sexa posible un país no que as persoas con mobilidade reducida non teñan problema de acceso aos edifcios públicos ou privados e nos locais comerciais.
Este proceso está levantando verdadeiros dores de cabeza xa que en moitos dos locais e edifcios de Ames é case imposible facer algún tipo de acondicionamento específco para a súa accesibilidade. No caso de Bertamiráns, moitos dos locais teñen escaleiras nas súas entradas para salvar a altura coa que se construían para non sufrir as continuas inundacións das rúas que sufriron algúns anos atrás. Agora corren o risco de que comecen a chegar denuncias por parte da Administración a partir do 4 dedecembro.
A realidade é que as obras de acondicionamento dos locais teñen un custe elevado. No caso das obras menores poden rondar os 3.000 euros, pero noutros locais estamos falando de investimentos superiores a 10.000 euros.
En relación aos investimentos que leva facendo o tripartito en accesibilidade, os datos que se manexan son de 300.000 euros dende o inicio do seu mandato.
As comunidades de propietarios tamén teñen que facer as adaptacións pertinentes nas zonas comúns do edifcio. O Real Decreto 1/2013 establece uns “axustes razoables” que define como “as modifcacións e adaptacións necesarias e adecuadas do ambiente físico, social e actitudinal ás necesidades específcas das persoas con discapacidade que non impoñan unha carga desproporcionada ou indebida”. Aquí entra a dúbida, que podemos considerar carga desproporcionada ou indebida? Se nos remitimos ao texto “o custe das obras en edifcios de propiedade horizontal non excederá das doce mensualidades ordinarias de gastoscomúns, restando, a axuda pública en caso de existir”
Blas García, concelleiro de Urbanismo, Servizos Básicos e Obras Públicas, afrma que “Ames en temas de accesibilidade ten moitas lagoas tanto en locais comerciais, comunidade de propietarios e en edifcios públicos”. García comenta que “o problema é que nos últimos anos non se fixo nada; o investimento foi de 0 euros e agora a situación que temos é a que é”. En relación aos investimentos que leva facendo o tripartito en accesibilidade, os datos que se manexan son de 300.000 euros dende o inicio do seu mandato.
O Partido Popular de Ames denuncia a política de accesibilidade do actual Goberno. Denuncian que o Tripartito “empéñase en negar a evidencia e sempre parecen ter unha xustifcación para todas as situacións que os veciños denuncian”. Repróchanlle que non fixeran a prometida reorganización das prazas de estacionamento para as persoas con mobilidade reducida ao igual que a anunciada campaña de concienciación contra o uso fraudulento das tarxetas de estacionamento reservado.
Blas García: “Non estamos nun momento no que debemos de perseguir ou acosar aos autónomos e emprendedores con sancións”
Se chegada a data límite do 4 de decembro os locais ou propiedades non cumpren coa citada lei, que pasará? Blas García resposta que “non estamos nun momento no que debemos de perseguir ou acosar aos autónomos e emprendedores con sancións. O noso deber e darlles información e axudarlles a que os locais sexan accesibles, todos debemos de ser compresivos. Haberá moitos locais que non poderán adaptar todo o seu espazo e o concello será compresivo e entenderá todo esforzo, na medida das súas posibilidades, nese
asunto”.
Entre as actuacións de accesibilidade que ten o concello en marcha está o primeiro parque adaptado e integrado no Milladoiro, as obras da Casa do Concello que comezarán en breve, as ofcina xerais, biblioteca municipal, o proxecto da praia fluvial de Tapia, escolataller de accesibilidade, obras na Praza da Maía en Bertamiráns, actuacións nalgúns pasos de peóns en Milladoiro. Blas recorda que isto non remata aquí xa que “este Goberno ten un compromiso coa accesibilidade e seguiremos co Pazo da Peregrina, facer accesible a rúa Agro do Medio en Milladoiro, toda a Avenida da Maía que ten un custe de 400.000
euros…”.
José María González Castaño é veciño do Milladoiro e bastante interesado no tema da accesibilidade. Cre que Ames non é nada accesible, nin edifcios públicos, nin comercios, nin vía pública e mesmo afrma que un 85% dos pasos de peóns son inaccesibles, impedindo moverse. Nas súas propias declaracións que fxo a esta revista, González Castaño pensa que o problema de accesibilidade “non se solucionará nin en 70 anos se van a este ritmo”.
Unha das medidas inmediatas que debería ter o concello é un orzamento propio para o arranxo dos principais pasos de peóns e tamén unha vixilancia das prazas reservadas de aparcamento de discapacitados
Este veciño fala que dende o Concello se están a facer mal as cousas xa que “arreglaron catro pasos de peóns en Rosalía de Castro e non os deixaron a cota cero, co cal son totalmente inútiles e inaccesibles para as cadeiras de rodas. Outro exemplo é a sinalización das prazas reservados. Están deixando tres modelos distintos de pinturas, que será para distracción, porque non hai unha unifcación no seu color e por se fora pouco, as están sinalizando con medidas fora da lei, a moitas lles falta un metro de largo, e as demais sinais verticais están mal situadas no medio das prazas, impedindo a salida dos discapacitados polas portas das aceiras”.
Remata José María dicindo que unha das medidas inmediatas que debería ter o concello é un orzamento propio para o arranxo dos principais pasos de peóns e tamén unha vixilancia das prazas reservadas de aparcamento de discapacitados en vistas da cantidade de multas e da impunidade da xente. Quere chamar a atención ao Goberno local porque “cando reclamas con insistencia, pasas a ser o inimigo e do partido contrario a eles, encasillanche ata politicamente, cando o que pides só é que cumpran a legalidade vixente. Nada máis e nada menos”.
O Goberno local afrma que non vai multar, sempre que os comercios se fagan accesibles na medida das súas posibilidades. Pero o prazo dado pola lei está aí, remata o 4 de decembro .