Segundo a información que transmitiu a este medio, toma esta medida “en vista das consecuencias e da situación que estou a vivir neste momento”
Unha veciña do Milladoiro ten intención de iniciar un contencioso contra o Concello de Ames polo temas das bonificacións dos servizos de conciliación familiar e dos comedores escolares. Segundo a información que transmitiu a este medio, toma esta medida “en vista das consecuencias e da situación que estou a vivir neste momento”.
Esta veciña comenta que debido a súa situación persoal solicitou as bonificacións que lle correspondían pero que o Concello denegoulle en repetidas ocasións as reduccións en base a contas “que non están o meu nome senón ao do meu fillo pequeno e da pensión que lle pasa o seu pai biolóxico”. Mantivo unha reunión co alcalde, o concelleiro de Educación e Cultura e a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade no que se lle volveu a repetir que debido a decisión dos técnicos municipais, non poden facer nada.
A tesitura vivida por esta nai fai que tome a decisión de iniciar un contencioso contra o Concello e poder sumar máis apoios de nais e pais porque na súas palabras “non son a única senón que hai moita máis xente que lle pasa o mesmo”. Remata esta veciña dicindo que “reclamo o que é xusto para a miña situación, nada máis e nada menos” e que espera que toda poida resolverse da mellor forma posible.